Vistas de página en total

lunes, 16 de marzo de 2015

COMEZAR DE CERO

Hai unhas semanas, Amanda Díaz Pena, pertencente á asociación Enriqueta Otero, tamén coñecidas como ''As Quetas'', impartiu unha charla na biblioteca do IES Ollos Grandes, sobre a violencia de xénero. Como introdución ao vídeo que nos puxo posteriormente, destacamos a frase de Amanda, non é adecuado falar da violencia amosando violencia explícita, que entenderiamos máis tarde co vídeo.
Amanda Díaz Pena. 

Aquí atopades o vídeo:

A protagonista é unha muller chamada Julia, que aparece espida nunha bañeira dende a que observa o paso da súa vida dende o silencio. A bañeira está situada na que supoñemos que é a súa casa, onde convive co seu marido chamado Marcos,o cal lle prometeu coidala sempre, porén amosa todo o contrario; e o seu fillo Marquitos, a única persoa capaz de espertar en Julia o valor necesario para aguantar a situación na que vive. Observamos numerosos símbolos neste video, que teñen diferentes significados, dependendo da interpretación de cada persoa:
O nivel da auga da bañera vai subindo pouco a pouco ao longo da curtametraxe, o que, para nós, representa a fortaleza de Julia que se vai esgotando mentres non fai nada por remedialo. Julia está espida na bañeira, o que representa a súa vulnerabilidade.
Dentro da bañeira, atópase o cinturón, que é un símbolo que representa a violencia, a autoridade e a obediencia. Quen posúe o cinto é o que manda e ten o poder. Isto representa un legado machista dentro das xeracións. Durante o vídeo, aparece un avión de xoguete vermello, que pertence ao fillo Marquitos. Chega un momento que o avión rómpese, e o pai promete arranxalo. Isto representa as promesas que o padre di pero que nunca cumpre xa que tarscurre a historia e o xoguete permanece intacto. Ademáis, cando o xoguete se rompe, Marquitos perde a súa inocencia e dáse conta da situación, polo que decide marchar e deixar atrás esa vida. 
A porta do baño sempre permanece aberta;o feito de que todo o mundo poida ver á Julia non só representa unha humillación cara á muller maltratada, senón tamén a venda que ten a sociedade nos ollos con respecto a estos temas.
A historia remata co desbordamento da auga. Nun momento parece que Julia está a punto de afogar, pero ao final loita e consegue saír á superficie dun océano no que se atopa soa. Entendemos con isto como Julia comeza de cero, deixando todo o malo atrás. Nada ata chegar á praia, onde deixa a súa bañeira ao carón de outras moi similiares; con isto déixase claro que o caso de Julia non é o único; miles de mulleres son maltratadas no mundo polos seus maridos e o noso desexo e que todas elas consigan saír a superficie, como fixo Julia.
Pareceunos un vídeo moi interesante que nos fixo reflexionar a cerca da situación dalgunhas mulleres que viven isto no seu día a día.